Convocatoria Certame Cooperativismo no Ensino 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2020.

O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria.
  • Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
  • Proxectos empresariais cooperativos: dirixidas ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O orzamento total ascende a 28.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Descarga o cartel do certame aquí.

Para que vos animedes a participar e veades unha mostra dalgúns dos traballos que fixeron os rapaces noutras edicións, podes visualizar este vídeo.

 

Xoves, 9 January, 2020 - 09:00 to Xoves, 30 April, 2020 - 09:00

Compartir