Como crear unha entidade de economía social | Edición V

A Rede Eusumo organiza a 5ª edición da actividade en liña: "Como crear unha entidade de economía social"
Datas: do 1 ao 15 de setembro de 2023
Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo
Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisen financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.
Obxectivos:
-
Analizar a viabilidade do proxecto das persoas interesadas en emprender
-
Dar a coñecer os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social
-
Dar a coñecer as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar para abordar con éxito o seu proxecto.
Programa:
MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto
MÓDULO 2. Proceso de constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral
MÓDULO 3. Financiamento, liñas de axuda e outros recursos para a creación de entidades de economía social
MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento
As inscricións estarán abertas ata o 31 de agosto de 2023 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Consulta o cartel da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal