A 5ª sesión do semninario internacional da UCAV estivo protagonizada pola Economía Social de Galicia e Ecuador
A Universidade Católica de Ávila (UCAV) celebrou o pasado 18 de outubro a quinta sesión do Seminario Internacional “Economía Social/Solidaria y la Agenda 2030 de los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ESS/ODS)”, onde a experiencia de Galicia e Ecuador foron as protagonistas.
Maite Cancelo Márquez, profesora e directora do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) foi a relatora encargada de abrir a xornada. Comezou contextualizando a economía galega e presentou as cifras da Economía Social en Galicia e a súa contribución aos ODS. Logo pasou a analizar con máis detalle o cooperativismo agrario galego, entre outras fórmulas da ES con maior presenza no rural. A directora de CECOOP analizou como as entidades da Economía Social en Galicia poden contribuir ao desenvolvemento económico nos ámbitos máis rurais e ao equilibro territorial. Maite rematou o seu relatorio destacando duas leis relevantes na comunidade galega: a Lei da Economía Social de Galicia e a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Por outra banda, Uriel Hitamar Castillo Nazareno, investigador da Universidade Católica de Santiago de Guayaquil (Ecuador), centrouse no emprendemento colaborativo e o desenvolvemento dos territorios vinculados cos obxectivos 8, 9, 10 e 12 dos ODS. A finalidade do seu discurso foi explicar os compoñentes do fenómeno minga pordutiva para impulsalo como concepto revolucionario que xera competitividade nas MIPEMES latinoamericanas. O investigador puxo como referente o caso de COPROBICH da Provincia de Chimborazo, na Serra ecuatoriana.
Fonte: Observatorio Español de la Economía Social