Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: financiamento e apoios cooperativos

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a xornada estratéxica dos directivos das cooperativas "Financiamentos e apoios cooperativos" no marco da Rede Eusumo.

Data: 2 de febreiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: Santiago de Compostela

Obxectivos: 

  • Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados equilibrios e niveis de estrutura financeira, básico para abordar os retos empresariais e sociais que teñen por diante.
  • Dar a coñecer o sistema de axudas públicas, así coma o acceso ao financiamento público e ao financiamento privado. Tendencias na lexislación de promoción do medio rural, do cooperativismo e da economía social, e novas oportunidades de apoios financeiros neste ámbito.

Persoas destinatarias:

  • Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa

 

Venres, 2 February, 2024 - 09:30 to 14:30

Compartir