Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: produción de mazá de sidra
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Produción de mazá de sidra" no marco da Rede Eusumo.
Data: 20 de setembro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Obxectivos:
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias e de traballo asociado
- Promover o coñecemento de novas formas de organización e prestar servizos ás producións agrarias e gandeiras, consideradas como oportunidade de negocio.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores.
Persoas destinatarias:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Público en xeral
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Venres, 20 September, 2024 - 09:30 to 14:30