Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: viño

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: viño" no marco da Rede Eusumo.
Data: 24 de abril
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Obxectivos:
- Favorecer que as adegas cooperativas de viño aborden novos retos ligados á produción: fitosanitarios, clons adaptados, novas pragas, nun marco de intercambio de experiencias e acceso a coñecementos específicos sobre aspectos de actualidade.
- Avaliar os efectos nas cooperativas das axudas de reconversión e reestruturación de viñedos, así como posibles liñas de apoio aos procesos de comercialización mediante un Observatorio Autonómico Vitícola, ou as axudas individuais para Industria 4.0, claves para competitividade das adegas.
Persoas destinatarias:
- Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Mércores, 24 April, 2024 - 09:45 to 14:45