Publícanse as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras.

O obxectivo deste programa é promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, previamente cualificadas no rexistro administrativo de Galicia.

As axudas do programa distinguen entre empresas de inserción laboral e entidades promotoras de empresas de inserción laboral.

O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 15 de outubro de 2018.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Mércores, 10 January, 2018 - 16:15

Compartir