Estudantes de Vilalba achéganse ao cooperativismo con AGACA e Feiraco

Estudantes do IES Santiago Basanta Silva participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na Fundación Feiraco, situada en Ames.
A actividade forma parte da Rede Eusumo, para impulsar o cooperativismo e a economía social.

Corenta estudantes de cuarto curso de Secundaria e de segundo de Bacharelato, do instituto vilalbés Santiago Basanta Silva, asistiron esta mañá a un obradoiro da Rede Eusumo acerca das características da economía social que tivo lugar na Fundación Feiraco (Ames). 

José Montes, presidente de AGACA destacó, como cualidades das cooperativas, a toma democrática de decisións e a distribución equitativa de beneficios, además da súa adaptabilidade a todo tipo de sectores produtivos e de servizos. 

O alumnado percorreu instalacións da planta de transformación en envasado de leite Feiraco para aprender os pormenores da elaboración dos produtos lácteos, así como o funcionamento da cooperativa, explicado polo persoal da mesma. 

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

Venres, 20 April, 2018 - 09:45

Compartir