Os produtos da economía social galega están presentes un ano máis en Salimat
Desde hoxe e ata o 2 de xuño celébrase en Silleda a 27º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2024, onde os produtos da economía social galega volverán a estar presentes.
Salimat é un espazo xa consolidado para os profesionais do sector da alimentación. Desde pequenos produtores e artesáns ata a gran distribución se unen para colaborar, impulsar o seu crecemento e resultados, e reforzar o seu posicionamente e visibilidade ante o propio sector e o público final.
Entre os diferentes expositores haberá unha ampla oferta de produtos da economía social da man de dez cooperativas galegas, un centro especial de emprego e unha sociedade laboral:
Produtos lácteos e derivados
- Condado Paradanta S. Coop. Galega
- Cooperativa Agraria Provincial S. Coop. Galega (Bico de Xeado)
- Gaia S. Coop. Galega (Gaia Gourmets)
- Productores del Campo de Capela S. Coop. Galega (Campo Capela)
Produtos cárnicos
- A Carqueixa S. Coop. Galega (Carqueixa)
- Tres Fuciños S. Coop. Galega
Produtos vitivinícolas
- Barbudos S. Coop. Galega
- Bodegas Jesús Nazareno S. Coop Galega (Vinos Barco)
Produtos hortofrutículas
Outros produtos
- A Factoría do Lume S. Coop. Galega
- Distribuciones A Moenda S.L. (Centro Especial de Emprego)
- Lugar da Veiga, Sociedade Limitada Laboral (Daveiga)
Se queres coñecer toda a información sobre os produtos e expositores da economía social de Galicia que estarán presentes na feira, podes consultar o folleto:
Se estás pensando en visitar a feira por que es un profesional do sector, un amante da gastronomía ou simplemente un consumidor interesado en produtos de calidade, podes consultar o programa de actividades previsto na web da feira.