O proxecto LACES celebra unha xornada de Networking con entidades de economía social e empresa 4.0

O obxectivo do proxecto LACES, “Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social”, enmárcase dentro do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento da economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na competitividade e impulso de proxectos empresariais de economía social no espazo transfronteirizo.
A xornada Networking con entidades de economía social e empresa 4.0 celebrarase o mércores 20 de decembro en horario de 19.00 a 20.30 horas nas instalacións de Forma Coworking (Gran Vía nº 94, Vigo) e está dirixida a empresas de economía social, industria innovadora e persoas con iniciativa emprendedora.
A asistencia é gratuíta e para formalizar a inscrición só tes que enviar un correo a apoio@apoio.coop.
Podes descargarse o programa aquí.