O luns 12 de xuño entregouse un novo premio do certame “Cooperativismo no ensino” ao IES Pino Manso

A secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Yolanda Lesmes, entregou ao alumnado de segundo ciclo da ESO do IES Pino Manso o premio accésit da modalidade “actividades cooperativizadas” polo seu traballo Mapa dixital de accesibilidade en cadeira de rodas.

Xunto coa entrega de premios, os alumnos e alumnas do centro desfrutaron da compañía teatral Xarope Tulú, que representou a súa obra Cardume, un espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose, en ocasións, en protagonista. A obra achega historias onde as personaxes traballan xuntas para acadar os seus soños, promovendo valores que fomentan o cooperativismo como son a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

Martes, 13 June, 2017 - 10:30

Compartir