O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo terá lugar o 28 de novembro. Aínda podes inscribirte!

O 28 de novembro á partir das 9:30 h no CERSIA as persoas asistentes ao "II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo", poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo encádranse dentro do programa Compostela Móvese 2017 de dinamización económica e na colaboración que o Concello de Santiago establece coa Rede Eusumo impulsada pola Xunta para o fomento e o desenvolvemento da economía social en Galicia. Esta dirixido a persoas interesadas no desenvolvemento da economía social e no mundo do cooperativismo.

Na seguinte ligazón da web do Concello de Santiago tedes toda a programación detallada do II Foro de Economía Social do Concello de Santiago: http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=16725

O panel de experiencias deste ano amosa o potencial da economía social e colaborativa en sectores moi diversos con experiencias que resultarán próximas ás persoas asistentes: http://www.cersiaempresa.gal/convocatorias/convocatoria.php?id=233&lg=gal 

Para complementar o panel de experiencias da mañán, pola tarde organízase un Obradoiro en colaboración con AESGAL para aquelas persoas que queiran explorar un pouco máis as posibilidades da economía social no seu proxecto de negocio. Podes ver a info aquí: http://www.cersiaempresa.gal/convocatorias/convocatoria.php?id=265&lg=gal

 

Mércores, 22 November, 2017 - 03:15

Compartir