EspazoCoop organiza a xornada "O valor social do diñeiro: finanzas responsables"

EspazoCoop organiza a xornada "O valor social do diñeiro: finanzas responsables" o 17 de abril de 09.30 a 14.00 horas no edificio CERSIA Empresa.
Os obxectivos desta xornada son:
- Dar a coñecer as finanzas éticas como instrumentos financeiros acaídos para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular.
- Difundir boas prácticas e recursos útiles.
- Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante e intercambiar e compartir experiencias.
O público obxectivo ao que vai dirixida a xornada é:
- Persoas e grupos de emprendemento, empresas e entidades en procesos de mellora, consolidación e/ou crecemento.
- Servizos de orientación ao emprendemento.
- Persoas físicas e xurídicas que prestan servizos de asesoramento e consultoría de empresas.
- Persoas e entidades interesadas no aforro ético e solidario.
Para máis información, prema aquí.
Se quere inscribirse na xornada, prema aquí.
Esta xornada enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social
Martes, 17 April, 2018 - 16:30