Cultivo e manexo de vimbio vivo

A ADR Comarca de Lugo organiza o curso "Cultivo e manexo de vimbio vivo" no marco da Rede Eusumo.

Data: 19 e 20 de marzo

Horas: 8

Horario: de 16:00 h a 20:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: Cestería Idoia Cuesta (Outeiro de Rei)

Programa: 

Martes 19 de marzo

Presentación do curso e da Rede Eusumo

- Breve repaso da historia do uso do vimbio e outras especies cesteables

- Técnicas de traballo, cultivo, recolección e conservación

Sesión práctica: recoñecemento das diferentes especies de salgueiro que existen na plantación

Preguntas e debate

Mércores 20 de marzo

Sesión práctica:

- Recoñecemento das diferentes especies de salgueiro que existen na plantación

- Poda

- Tallado

- Obtención e preparación de pugas para a súa posterior plantación

- Tendencias de plantación e texido de varas viva de vimbio

Preguntas e debate

Imparten: Idoia Cuesta Alonso e equipo técnico GDR

Dirección completa da actividade: Cestería Idoia Cuesta, Lugar As Hortas, 7 - CELA - 27151 - Outeiro de Rei (Lugo)

Máis información: 982 23 80 00

 

Martes, 19 March, 2024 - 16:00 to Mércores, 20 March, 2024 - 20:00

Compartir