LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 249 07/12/2023
 
        
   
Rivo reafirma o apoio da Xunta á economía social cun incremento orzamentario do 3% para o 2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nun xantar-coloquio, que organizou a Confederación de Empresarios de Galicia, entre o presidente do Consello Económico e Social (CES) de España e representantes do tecido produtivo galego.

Na súa intervención, a conselleira destacou os propósitos do seu departamento para o 2024:

  • Darlle difusión á economía social
  • Crear e consolidar iniciativas de economía social
  • Promocionar o emprego inclusivo
       
   
A Xunta favorece a integración laboral de preto dunha vintena de persoas con discapacidade
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade cualificou como Centro Especial de Emprego (CEE) a factoría viguesa da compañía automobilística Stellantis. Neste centro, a maioría das persoas traballadoras ten algún tipo de discapacidade, xa sexa física, psíquica, intelectual ou sensorial.

Segundo a empresa, o obxectivo principal para a creación do CEE é descubrir as capacidades de cada persoa traballadora e fomentar a súa autonomía sen renunciar á competitividade no mercado.

       
 
   
       
   

Encontra a financiación que precisas para o teu proxecto!

Coñece as numerosas opcións que existen para crear un proxecto de economía social, así como as axudas ás que poden optar as entidades xa creadas en base aos investimentos realizados.

Data: 12 de decembro
Horario: de 17:00 h a 18:15 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela