|
Boletín Rede Eusumo Nº 218 04 / 05 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova edición do Plan Emprega Discapacidade e Exclusión Social
Lorenzana aproveitou a súa presenza na clausura do programa operativo de inserción laboral e economía social en Galicia para anunciar que o Plan Emprega Discapacidade e Exclusión Social contará con máis de 44,4 millóns de euros.
A nova edición deste plan conta cun total de 8 programas que buscan fomentar a contratación e a formación de 6000 persoas en Galicia.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñeces o cómic “O noso momento”?
Trátase dunha ferramenta didáctica e divertida elaborada para achegar os valores da economía social ao alumnado.
Ademais, na nosa web tamén atoparás un pequeno folleto con máis información sobre o que é a economía social, a Rede Eusumo e as actividades que ofrecemos para os centros educativos galegos.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa nas mesas de traballo que organiza a CEO
A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) pon en marcha varias mesas de traballo na provincia de Ourense para desenvolver ideas de negocio sociais e sustentables.
Serán un total de 4 sesións que terán como obxectivo identificar e xerar ideas de negocio e que empregarán dinámicas lúdicas dirixidas por persoas expertas.
Datas: os días 12, 18 e 24 de maio de 2023
Modalidade: presencial
Lugar: diferentes localizacións da provincia de Ourense
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no curso "O márketing dixital"
Desde a Rede Eusumo lanzamos a 4.ª edición deste curso gratuíto co obxectivo de facilitar novos métodos de márketing e comunicación ás empresas de economía social para que posicionen de forma óptima o seu proxecto.
Datas: do 16 ao 30 de maio de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 15 de maio de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|