LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 266 11/04/2024
 
              
       
Rivo pon en valor a calidade dos produtos da economía social no Fórum Gastronómico da Coruña
A conselleira en funcións de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, achegouse ata o Galicia Fórum Gastronómico, onde realizou un percorrido polos máis de 200 expositores.

Rivo aproveitou a súa presenza no maior evento gastronómico do norte de España para convidar os asistentes a coñecer o traballo das oito cooperativas presentes este ano no espazo da economía social. Ademais, destacou que "o cooperativismo está a facer un labor fundamental na fixación de poboación no rural".

           
           
       
Solicita o asesoramento gratuíto da Rede Eusumo!
Desde a Rede Eusumo ofrecemos un servizo gratuíto de asesoramento para calquera persoa que teña interese en crear ou consolidar unha entidade de economía social.
  • Análise da viabilidade do proxecto
  • Proceso de constitución
  • Elaboración de estatutos
  • Busca de financiamento
  • E moito máis...

Solicita máis información no 610 17 43 89 ou escríbenos a eusumo.emprego@xunta.gal

           
 
       
           
           
  Consulta as actividades que se levarán a cabo a vindeira semana no marco da Rede Eusumo
e non esquezas inscribirte!
   
   
       
  Descubre como utilizar os datos para mellorar a eficacia da túa web ou tenda en liña

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza esta formación para dar a coñecer os principios básicos da analítica web e poder desenvolver unha estratexia de mellora continua.

Data: do 16 ao 19 de abril
Horario: de 9:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Inscrición: a través deste formulario

      Coñece a crianza de porco celta como unha oportunidade de negocio en Galicia

Agaca organiza esta xornada formativa para explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.

Data: 18 de abril
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Máis información: a través deste formulario

   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela