Aberto o prazo para participar no Pont-Up Store

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colaborará como outros anos no PontUp Store, que terá lugar en setembro en Pontevedra.

Este ano volverá haber tres modalidades de participación:

  • Presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles.
  • Propoñer actividades de dinamización dentro do programa.
  • Participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas.

Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia.

As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com.

 

Luns, 5 June, 2017 - 12:00

Compartir