A Xunta participa na presentación da nova edición do encontro de emprendemento da cidade de Pontevedra 'Pont-Up Store'

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu a rolda de prensa na que se realizou a presentación do encontro de emprendemento Pont-Up Store, que se celebrará na cidade de Pontevedra no fin de semana do 19 e 20 de setembro. Durante a rolda, os organizadores do evento destacaron que nesta nova edición do ano 2025 e coincidindo co Ano Internacional das Cooperativas van reforzar a súa aposta polas fórmulas de economía social á hora de emprender con varias actividades en colaboración coa Unión de Cooperativas Galegas Espazo Coop.

Pablo Fernández, resaltou a traxectoria do encontro Pont-Up Store como motor de dinamización non só da cidade de Pontevedra, senón de todo o noroeste peninsular sendo nesta 12ª edición de novo un escaparate da crecente cantidade de iniciativas de emprendemento que están xurdindo en toda Galicia. Neste senso destacou o labor de asesoramento da Rede de polos de emprendemento, que con 15 oficinas repartidas por toda Galicia e máis de 4.000 proxectos atendidos, asesora de balde a quen desexe emprender na comunidade como a quen xa o fixo e quere consolidarse.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martes, 3 June, 2025 - 11:00

Compartir