Xornadas formativas en Ames: Achegándonos ao conflito. Habilidades sociais...

A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado organiza unhas xornadas de formación sobre o conflito en Ames, na segunda quincena de Agosto.
Nas mesmas faráse unha presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. Abordaranse aspectos positivos do conflito, emociónsa asociadaa e consecuencias do non afrontamento do conflito.
Tentarase afondar en como afrontar a situación de conflito dependendo da orixe deste?: Estilos de resolución de conflito. Estratexias gañar-perder. Estratexias gañar-gañar. A busca creativa de solucións aos conflitos. Por último: A actitude cara a resolución do conflito. As competencias que debemos desenvolver. As preguntas as que debemos dar resposta para avanzar na solución do conflito.
Ames:
Data: do 16 ao 19 de agosto
Horario: de 9:30 h ás 14:30 h
Lugar: Entidade da Rede Eusumo – Fundación Feiraco. Agrón s/n. Ames (A Coruña)
Contacto: patane@ugacota.coop