XORNADA SOBRE CREACIÓN DE EMPREGO E RIQUEZA MEDIANTE O USO COOPERATIVO DO MONTE COMUNAL

Dende a Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, no marco da Rede Eusumo impulsada pola Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria, se convoca aos Presidentes e Representantes dos Montes Veciñais en Man Común (MVMC) a unha Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, que se celebrará o vindeiro Venres 28 de abril no Concello de O Barco de Valdeorras. Salón de Actos del Edificio Multiusos. Pz. Do Concello 1.

 

Nesta Xornada, os expertos explicarán aos presentes como activar posibles recursos dispoñibles dos MVMC. Para iso, os MVMC poden usar para o beneficio dos veciños interesados ferramentas organizativas complementarias de tipo organizativo, como as cooperativas agrarias e/ou de explotación comunitaria da terra. Tradicionalmente, a explotación forestal e o aproveitamento eólico son xestionados directamente polos MVMC. Pero, outro tipo de explotación de recursos nos que se require investimento, man de obra, organización e planificación,... apenas son xestionados directamente polos propios MVMC. Son recursos que están sen aproveitar, e para os que a fórmula cooperativa pode ser moi axeitada para facer investimentos e xerar actividade. Por tanto, esta Xornada enmárcase no Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo neste contorno.

Os interesados en participar poden confirmar asistencia chamando ao teléfono 981.58.49.11 (Agaca-Ana), antes do día 26 de abril.

 

Máis Info

 

Venres, 28 April, 2017 - 04:30 to 09:30

Compartir