Xornada Formativa, Coñece a Fórmula Cooperativa, Viana do Bolo

Dende a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar seguimos apostando polo fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo.

 

Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas desempregadas ou persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, a Rede Eusumo organiza a xornada “Emprender baixo a fórmula cooperativa”.

Entre os obxectivos que persegue nesta xornada destacan:

  •  Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
  •  Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.
  •  Coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo.
  • Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o 11 de febreiro en Viana do Bolo (Ourense), no IES Carlos Casares. A xornada celebrarase en horario de tarde de 17:00 h. a 19:30 h.

 

 

A xornada ten carácter gratuíto.

Prazo de inscrición: ata o 10 de febreiro de 2015

Entregarase diploma de asistencia

Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop

MÁIS INFORMACIÓN: Descarga do díptico

Localización : Viana do Bolo (OURENSE), IES Carlos Casares Estrada da Rúa, 104, 32550 Viana do Bolo, Ourense
Contacto : Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.
Mércores, 11 February, 2015 - 10:00 to 12:30

Compartir