Xornada de presentación do proxecto MAR DE AMICOS

MAR DE AMICOS é unha iniciativa de colaboración estratéxica entre FUNDAMAR e Amicos, que conta co apoio da Rede Eusumo.

O obxectivo deste proxecto é fomentar a empregabilidade de persoas con discapacidade a través da promoción do turismo inclusivo e a accesible entorno ao patrimonio marítmo pesqueiro.

A xornada de presentación levarase a cabo o venres 14 de abril de 2023 na Lonxa de Ribeira en horario de 11:30 h a 13:30 h.

O programa é o seguinte: 

11:30 h - Benvida e apertura institucional

12:00 h - Presentación MAR DE AMICOS

12:15 h - Valorización turística do patrimonio marítimo pesqueiro

13:20 h - Clausura / Networking

As incricións son obrigatorias, polo que se desexas a asistir deberás cumprimentar este formulario antes do mércores 12 de abril de 2023.

Para máis información, consulta o cartel da xornada.

 

Venres, 14 April, 2023 - 11:30 to 13:30

Compartir