Xornada "Banco de terras" e o aproveitamento parcelario

A Comarca de Lugo organiza a seguinte actividade formativa a través de Rede Eusumo:

XORNADA SOBRE O BANCO DE TERRAS E O APROVEITAMENTO PARCELARIO
 

Datas: do 23/09/19 ao 27/09/19

Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Lugar: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, Ronda da Muralla, 70, Lugo

Duración: 20 horas (5 sesións presenciais)

Destinatarios:

- Asesores explotacións agrícolas

- Titulados universitarios que traballen no asesoramento de explotacións agrícolas

- Organizacións profesionais agrarias, cooperativas e asociacións do medio rural

- Emprendedores, empresarios e cooperativas do sector agrario

- Persoas interesadas no emprendemento cooperativo

- Público xeral interesado

Programa formativo:

  • Presentación da Rede Eusumo
  • A necesidade dunha base territorial na comarca de Lugo
  • Mobilidade de terras en Galicia e a súa situación actual
  • Reestruturación parcelaria
  • Banco de terras: incorporación de fincas, tipos e fins
  • Arrendamentos e prezos no banco de terras
  • Sistema de información de terras de Galicia. A ferramenta Web Sitegal
  • Taller de aproveitamento de terras abandonadas para o cooperativismo social e aplicación da Web Sitegal 

Inscricións: 982 238 000 / 679 732 163info@comarcadelugo.gal

Podes acceder ao programa completo premendo aquí.

 

Luns, 23 September, 2019 - 16:00 to Venres, 27 September, 2019 - 20:00

Compartir