Xornada “Coñece a fórmula cooperativa” no Barco de Valdeorras

· A Rede Eusumo organiza a xornada de promoción do cooperativismo titulada “Coñece a Fórmula Cooperativa”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015. · Esta xornada terá lugar o día 24 de febreiro no IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. A través da mesma preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais. · Con esta xornada búscase achegar o modelo empresarial cooperativo a persoas desempregadas e a persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais. No plan de actuación 2015 da rede Eusumo intégrase a Xornada “Coñece a fórmula cooperativa”, unha Xornada destinada a amosar as particularidades e características vantaxes deste modelo empresarial. Os asistentes terán a oportunidade de adquirir coñecementos básicos sobre cooperativismo e así valorala posibilidade de levar a cabo o seu propio proxecto cooperativo.
Esta xornada, dirixida a persoas persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego , terá lugar o 24 de febreiro no IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, en horario de tarde de 16:00 a 18:00. Inscrición: A Xornada ten carácter gratuíto. Prazo de inscrición: ata o 23 de febreiro de 2015 Pódeste inscribir chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezoinfo@eusumo.coop
Para máis información: Tlf: 981 55 80 08 |
|||
Localización : IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras (Ourense) Contacto : 981558008 info@eusumo.coop |