XOGO DE CREACIÓN DE EMPRESAS #ASOLUCIÓNCOOPERATIVA!, PONT-UP STORE Pontevedra

A Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social, participa na iniciativa de emprendemento PONT-UP STORE a través da organización do XOGO DE CREACIÓN DE EMPRESAS #ASOLUCIÓNCOOPERATIVA!, unha actividade que pretende amosar de forma dinámica as vantaxes e particularidades da economía social e dos aspectos crave na creación dunha empresa.
O PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio a NOVOS EMPRENDEDORES, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da CULTURA EMPRENDEDORA na sociedade, apostando pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.
Este Xogo terá lugar en Pontevedra o día 23 de setembro de 10:00 a 14:00h na Casa das Campás, na Rúa Don Filiberto número 9.
Pódeste inscribir en info@eusumo.coop ou no 981 55 80 08 facilitando o teu nome, DNI e email.
PROGRAMA!
10:00 h Recepción e presentación da Rede Eusumo e dos recursos que ten a disposición dos proxectos cooperativos.
10:30 h Presentación do xogo de empresa e do caso práctico de empresa cooperativa a crear.
11:00 h Realización do caso por parte dos asistentes agrupados en grupos de traballo, titorizados polo equipo docente do seminario.
12:00 h Pausa
12:20 h Presentación práctica a cargo dos docentes dos aspectos crave para comunicar proxectos e captar financiamento para os mesmos.
13:00 h Presentacións por parte dos grupos dos seus proxectos empresariais: “elevator pitch”
13:40 h Avaliación das presentacións e conclusións
14:00 h Peche do xogo
Máis información en info@eusumo.coop ou no 981 55 80 08
Descargue aquí o díptico