Os estudantes do Xoaquín Loriga visitan Dairylac para aprender cooperativismo

  • A planta láctea de Dairylac (Melide) recibiu esta mañá ao alumnado do colexio lalinés Xoaquín Loriga, nun obradoiro sobre cooperativismo.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social

Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación de la economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Participaron 23 estudantes de terceiro ciclo de Primaria do colexio Xoaquín Loriga, situado no municipio de Lalín.

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.  

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os queixos. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

 

 

Mércores, 2 Maio, 2018 - 18:30

Compartir