Xa podes consultar a programación de "Galicia Economía Social" no Culturgal dos días 1,2 e 3 de decembro

Recordamos que, un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego promove a participación da Economía Social de Galicia na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL, que terá lugar, na súa X Edición, os días 1, 2 e 3 de decembro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

O equipo da Feira considera que Culturgal xa é unha comunidade. “Está consolidado e establecido no calendario, nun espazo e nunha cidade que é Pontevedra. É un evento de utilidade social no que está testada a alianza entre industria, institucións e públicos e na que se mostran formatos e fórmulas colaborativas entre diferentes axentes”, sinala Manuel Bragado, presidente de Culturgal.

A Feira xa supera a etapa de lanzamento e consolidación. Con nove edicións ás costas “xa podemos dicir que hai nenas e nenos que creceron con Culturgal”, apunta Bragado. E seguindo co paralelismo das idades, o presidente de Culturgal reseña que a Feira xa é “adulta” e que debe afrontar novos retos. “Estamos convencidos da necesidade de abrir e proxectar Culturgal fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes. Desde Pontevedra, a cidade na que esta Feira medrou e consolidouse. Sentímonos e percibímonos como unha comunidade, unha comunidade que se construíu ao redor de Culturgal e coa décima edición na cabeza debemos asumir novos retos”, remata Bragado.

Tras finalizar o período de inscrición para as entidades que desexasen participar neste evento, xa se pode consultar a programación de actividades que terán lugar no Culturgal.

Programación de actividades Culturgal

Vémonos no 10º Culturgal!
Máis información en: www.culturgal.com 

 

Venres, 1 December, 2017 - 04:30 to Domingo, 3 December, 2017 - 12:30

Compartir