Ven o acto de presentación do Foro pola Economía Social Galega e descobre unha nova etapa da economía social en Galicia

O martes 13 de marzo celebrarase o acto de presentación do Foro Galego da Economía Social, no que contaremos coa presenza das entidades ESPAZOCOOP, AGACA, CEGASAL, AESGAL e AEIGA.
O evento terá lugar na Capela do Hotel AC Palacio do Carme en Santiago de Compostela, ás 10:15h.
Este encontro ten como obxectivo conformar un espazo no que os participantes poidan aportar a súa visión sobre a economía social perante a sociedade e os principais axentes económicos, tratando aspectos de relevancia como os intereses e condicións que afectan ao ámbito das cooperativas.
Dende aquí enviamos o noso ánimo a participar no foro, xa que este evento vai significar unha nova etapa da Economía Social en Galicia.
Martes, 13 March, 2018 - 04:00 to 06:00