A USC participa na VI Semana Universitaria da Economía Social

Do 24 de marzo ao 3 de abril de 2025 celebrarase a VI Semana Universitaria da Economía Social, un evento internacional que reunirá a 35 universidades de España, Portugal e Latinoamérica. En total, desenvolveranse máis de 120 actividades destinadas a achegar a Economía Social á comunidade universitaria e dar visibilidade ao traballo de investigación e formación que se realizaron.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) será unha das protagonistas desta edición, con 16 actividades programadas, situándose entre as tres universidades con maior participación, xunto coa Universidade de Valencia (26) e a Universidade Católica de Ávila (12).
Durante os 11 días que durará a Semana, ofreceranse conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, obradoiros e exposicións. Estas actividades permitirán converter as universidades en espazos de reflexión e debate sobre un modelo económico máis xusto, sostible e innovador.
O peche oficial terá lugar o 3 de abril en Xaén, no marco do XX Congreso Internacional de Investigadores en Economía Social de CIRIEC-España, que reunirá a referentes do eido académico e do sector para abordar os retos actuais desde a Economía Social.
As actividades que se van a realizar da man da Universidade de Santiago son:
- 21/03: A Economía Social na aula: A Economía Social en Galicia na actualidade: unha visión autonómica
- 24/03: A Economía Social na aula: análise desde a perspectiva da sostibilidade
- 25/03: Diálogos Inspiradores Universidade e Economía Social
- 25/03 e o 26/03: A ES na aula: Modelización econométrica da creación das cooperativas
- 26/03: Acto central da VI Semana Universitaria da Economía Social
Hora: 13:00
Lugar: Aula B – Facultade de CC. Económicas e Empresariais
- Celebrase o encontro que reunirá representantes institucionais, expertos e protagonistas do sector para reflexionar sobre o impacto da Economía Social en Galicia.
Presentarase o "Portal Estatístico da Economía Social en Galicia (GALESTAT)" e do "Informe da Economía Social en Galicia 2023" por Maite Cancelo, Directora do CECOOP
Celebrarase unha mesa de experiencias baixo o título "Que é Economía Social?", na que participarán :
- Mino Martínez, Presidente de Foroesgal
- Carlos Carrión, Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana (Paco & Lola)
- Xosé Lois Lamazares, Lugar da Veiga SLL (Galletas Mariñeiras)
- Rosa Gutiérrez, COREGAL – Centro Especial de Emprego
- Víctor Manuel Blanco, Primicias Raiña EIL – Asociación Raiña Paraíso
- 28/03: A Economía Social na aula: análise desde a perspectiva da sostibilidade
- 28/03: A Economía Social na aula: Economía Social e desenvolvemento rexional e local
- 25/04: A Economía Social na aula: Un achegamento á Seguridade Social nas cooperativas de traballo asociado