A USC organiza o "Foro de financiamento"

O próximo venres 13 de novembro ás 11:00 horas, a Universidade de Santiago de Compostela organiza o FORO DE FINANCIAMENTO. Evento no que representantes de entidades de financiamento e inversión terán a oportunidade de coñecer 10 proxectos de economía social que participaron na aceleradora organizada pola USC e valorar a conveniencia de investir neles ou outorgarlles financiamento responsable.
Con este foro, pretendese crear un espazo que permita a proxectos de economía social e entidades de financiamento e inversión coñecerse, así como favorecer o networking efectivo entre promotores e entidades de financiamento.
Programa formativo:
11:00 h - Recepción e benvida
11:05 h - Rolda de presentación dos proxectos:
Cada proxecto terá 7 minutos para realizar a súa presentación diante das entidades de financiamento e investimento convidadas.
Posteriormente, unha vez finalizadas as presentacións, as persoas representantes de entidades de financiamento e inversión poderán formular preguntas asociadas ao proxecto.
Á par das presentacións as entidades de financiamento poderán solicitar, a través dun chat privado, unha reunión privada coas persoas promotoras dos proxectos que lles interese coñecer máis en detalle.
A maionres, as persoas representantes das entidades de financiamento disporán dun dossier cos datos de interese dos proxectos.
12:20 h- Organización de sesión one to one entre as partes interesadas
As sesións terán unha duración de aproximadamente 5 minutos.
13:15 h - Peche