UGACOTA lanza a súa nova Programación de Actividades Formativas para os meses de febreiro e marzo de 2016 no marco da Rede Eusumo

UGACOTA inicia a súa nova Programación de Actividades Formativas 2016 no marco da Rede Eusumo. Este programa está integrado por 6 cursos presenciais e gratuítos previstos para os meses de febreiro e marzo, nas localidades de Vilagarcía de Arousa, Vigo, e A Coruña, todos os cursos son en horario matinal de 9.30 a 14.30 horas, e teñen unha duración de 20 horas cada un.

DE QUE TRATA CADA OBRADOIRO?

1) Formación cooperativa para persoas que queren emprender: Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

2) Por que non traballamos en equipo?: Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

3) Plan de empresa cooperativo: Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.

4) Contabilidade para o emprendemento cooperativo: Con este curso preténdese amosar cun enfoque práctico para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo, coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa cooperativa para a toma de decisións.  Ademais capacita para empregar ferramentas contables de xeito previsional, ou a interpretar estados financeiros, coñecer ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.

Os cursos: Formación cooperativa para persoas que queren emprender, Por que non traballamos en equipo?, e Plan de empresa cooperativo, están incluídos no Catálogo de Actividades da Consellería do Medio Rural e do Mar. Están recoñecidos como baremables ou puntuables para a obtención do permiso de explotación marisqueira con 0,40 puntos cada un deles.

MES DE FEBREIRO

CURSO: EMPRENDER EN SOLIDARIO: Formación cooperativa para persoas que queren emprender (Este curso puntúa 0,40 para o Permex)

Lugar: VILAGARCÍA DE AROUSA, no Centro da Rede Eusumo na Cámara de Vilagarcía

Día: Do 16 ao 19 de Febreiro de 9.30 a 14.30 horas (20 horas de duración)

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Máis información:

 

CURSO: POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO? Habilidades sociais para contornos cooperativos (Este curso puntúa 0,40 para o Permex)

Lugar: VIGO, no Centro da Rede Eusumo, na Cámara de Comercio de Vigo.

Día: Do 23 ao 26 de febrero de 9:30 a 14.30 horas (20 horas de duración).

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Máis información:

 

MES DE MARZO

CURSO: CONTABILIDADE PARA O EMPRENDEMENTO COOPERATIVO. Nocións básicas sobre contabilidade, adaptada ás particularidades dunha empresa cooperativa

Lugar: A CORUÑA, no Centro da Rede Eusumo Universidade de A Coruña – Campus de Riazor

Día: Do 1 ao 4 de Marzo de 9:30 a 14.30 horas (20 horas de duración).

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Máis información:

 

CURSO: EMPRENDER EN SOLIDARIO:Formación cooperativa para persoas que queren emprender (Este curso puntúa 0,40 para o Permex)

Lugar: VIGO, no Centro da Rede Eusumo Cámara de Comercio de Vigo.

Día: Do 8 ao 11 de Marzo de 9:30 a 14.30 horas (20 horas de duración).

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Máis información:

 

CURSO: PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO: Análise da viabilidade de proxectos cooperativos

Lugar: A CORUÑA, no Centro da Rede Eusumo da Universidade de A Coruña – Campus de Riazor

Día: Do 15 ao 18 de Marzo de 9:30 a 14.30 horas (20 horas de duración).

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Máis información:

 

CURSO: POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO? Habilidades sociais para contornos cooperativos (Este curso puntúa 0,40 para o Permex)

Lugar: A CORUÑA, no Centro da Rede Eusumo da Universidade de A Coruña – Campus de Riazor

Día: D29 de Marzo ao 1 de Abril de 9:30 a 14.30 horas (20 horas de duración).

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

Máis información:

 

 

 

 

Xoves, 4 February, 2016 - 09:45

Compartir