Traballamos en rede? Xerando máis Rede Eusumo: Encontro de entidades socias da rede

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida a todas as entidades socias da Rede Eusumo a participar nun encontro de traballo dentro das accións de coordinación da rede.
Esta xornada suporá unha oportunidade para que as entidades asociativas, as oficinas locais e outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo dean a coñecer as principais actividades impulsadas desde as súas organizacións, así como achegar, en base á súa experiencia, suxestións que permitan mellorar a colaboración en rede.
COMO ESTÁ ESTRUTURADA A XORNADA?
10:00 H. RECEPCIÓN DOS ASISTENTES.
10:10 H. BENVIDA Á XORNADA E PRESENTACIÓN DA SÚA ESTRUTURA.
10:20 H. PRESENTACIÓN DAS ENTIDADES SOCIAS DA REDE EUSUMO A TRAVÉS DO MÉTODO PECHA KUCHA (20X20): A PRESENTACIÓN DEBERÁ CONSTAR DE 20 DIAPOSITIVAS COMO MÁXIMO, E CADA REPRESENTANTE DA ENTIDADE PODERÁ DEDICAR EXACTAMENTE 20 SEGUNDOS A CADA UNHA DELAS. É DICIR, 6 MINUTOS E 40 SEGUNDOS POR PRESENTACIÓN.
13:00 H. SUXESTIÓNS PARA MELLORAR A COLABORACIÓN DA REDE.
13:30 H. PECHE DA XORNADA.
CANDO TERÁ LUGAR?
XOVES DÍA 12 DE MAIO DE 2016 DE 10:00 A 13:30 H.
SALÓN DE ACTOS DO MUPEGA (MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA). RÚA DE SAN LÁZARO 107, SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15871.
CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA E FORMULACIÓN DE DÚBIDAS
CO FIN DE QUE A XORNADA SEXA O MÁIS PRODUTIVA POSIBLE, SOLICITAMOS CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA (NOME E APELIDOS, ENTIDADE, DÚBIDAS, TELÉFONO E CORREO ELECTRÓNICO).
CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA EN:
981 558 008
INFO@EUSUMO.GAL
Descargue o programa da xornada aquí