Teleformación: Responsabilidade social empresarial nas cooperativas 2º Edición

TELEFORMACIÓN RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL NAS COOPERATIVAS
 

Datas: do 7 ao 29 de maio

Duración: 40 horas

Teleformación: ONLINE

Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc.) e persoas interesadas nesta temática en xeral.

Obxectivos:

  • Comprender o concepto, temáticas e ámbitos da RSE
  • Analizar o desenvolvemento da RSE nos vindeiros anos
  • Coñecer as diferentes ferramentas para medir e avaliar a RSE
  • Revisar o proceso de elaboración e os beneficios dunha memoria de sustentabilidade
  • Coñecer o proxecto RSE.Coop
  • Entender as boas prácticas de RSE no modelo cooperativo e coñecer o Balance Social

Programa:

Tema 1 . A Responsabilidade Social nas empresas

1. O concepto de RSE
2. Evolución da RSE e últimas tendencias
3. Organizacións implicadas na RSE
4. Vinculación da RSE no marco socioeconómico actual

Tema 2. Como medir a Responsabilidade Social Empresarial

1. A economía social e a RSE
2. Da RSE ás memorias de sustentabilidade
3. Contido da memoria
4. Implicacións derivadas da elaboración de memorias

Tema 3. A Responsabilidade Social Empresarial nas empresas cooperativas

1. O beneficio común
2. RSE e cooperativismo
3. Produtos resultantesde RSE.Coop
4. Os compromisos do programa RSE.Coop
5. Boas prácticas en RSE.coop
6. O Balance Social

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario ou no 881 887 456​ patane@espazo.coop

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

Martes, 7 Maio, 2019 - 09:00 to Mércores, 29 Maio, 2019 - 09:00

Compartir