Teleformación mixta "Relevo xeracional nas Cooperativas"
Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:
TELEFORMACIÓN MIXTA. RELEVO XERACIONAL NAS COOPERATIVAS
Data: 03/09/18 - 28/09/18
Modalidade: Mixta (combinando a formación a través de internet coa formación presencial).
Haberá 2 sesións presenciais de 4 horas de duración cada unha.
Datas sesión presencial para esta edición: 05/09/2018 e 26/09/2018.
Lugar: As sesións presenciais levaranse a cabo na entidade da Rede Eusumo: Deputación de Pontevedra, Rúa Oporto, 3 (Vigo).
Horario: 16:00 – 20:00 horas
O temario a tratar é o seguinte:
Tema 1: Elementos básicos da organización cooperativa.
Tema 2: Incorporación de novos socios e socias cooperativistas.
Tema 3: Relevo nos cargos directivos.
Tema 4: Conflicto "Xeracional" nas Cooperativas
Para máis información, prema aquí e descargue o programa completo das xornadas formativas.