Teleformación mixta: Regulamento de réxime interno nas cooperativas

TELEFORMACIÓN MIXTA "REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO NAS COOPERATIVAS"

 

Data: 01/03/19 - 05/04/19

Duración: 40 horas

Modalidade: Mixta

Unha parte online e dúas sesións presenciais:

DATAS: 13/03/19 y 03/04/19

HORARIO: 16:30 a 20:30 horas

LUGAR: Deputación de Pontevedra, sede Vigo, Rúa Oporto, 3, Vigo

Destinatarios: Persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc.) ou persoas interesadas nesta temática en xeral.

Obxectivos:

  • Presentar os diferentes aspectos da organización interna dunha cooperativa.
  • Ofrecer criterios a tomar en conta para deseñar un modelo propio adaptado a cada cooperativa.
  • Dar a coñecer en que consiste e cal é a función dun regulamento de réxime interno na cooperativa.
  • Formular pasos e instrumentos para organizar o proceso de deseño ou revisión dun regulamento interno.
  • Presentar modelos de regulación que faciliten a elaboración dun regulamento de réxime interno propio.

Programa:

Tema 1: Introdución.
Tema 2: Conceptos previos.
Tema 3: Para que serve un regulamento de réxime interno.
Tema 4: Proceso de elaboración ou revisión dun regulamento interno.
Tema 5: Regular a relación das persoas socias.
Tema 6: Órganos sociais das cooperativas.
Tema 7: Réxime económico.
Tema 8: Organización do traballo.
Tema 9: Tempo de traballo.
Tema 10: Anticipos societarios.
Tema 11: Réxime disciplinario, laboral e outros.
Tema 12: Recursos útiles

Inscrición: a través do seguinte formulario ou no 881887456 / ana.lorenzo@cidadania.coop

 

Venres, 1 March, 2019 - 10:00 to Venres, 5 April, 2019 - 10:00

Compartir