Teleformación: Asambleas e reunións

Espazo coop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte teleformación:

ASAMBLEA E REUNIÓNS

Datas: 15/04/20 - 20/05/20

Modalidade: en liña

Duración: 40 horas

Destinatarios: Persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc) e público en xeral interesado.

Obxectivos:

  • Adquirir competencias técnicas na organización de reunións e asembleas.
  • Mellorar as capacidades para organizar asembleas e reunións participativas e eficaces nun clima grupal positivo.
  • Mellorar o funcionamento de equipos de traballo.
  • Mellorar as competencias na coordinación e dinamización nos procesos de participación nas entidades da economía social.

Contido:

Tema 1. Introdución e presentación do curso
Tema 2. A preparación das reunións. Elementos previos
Tema 3. O papel da persoa moderadora
Tema 4. Abordamos os temas na reunión
Tema 5. Pechamos acordos ou conclusións
Tema 6. Recursos útiles para a práctica das asembleas e reunións

Inscricións: a través do seguinte formulario ou patane@espazo.coop881 887 456

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Mércores, 15 April, 2020 - 09:00 to Mércores, 20 Maio, 2020 - 09:00

Compartir