TECENDO REDES DENDE A ECONOMÍA SOCIAL

Cegasal, a través da Rede Eusumo, organiza esta formación:
FORMACIÓN SOBRE OS CONTRATOS RESERVADOS A CEE DE INICIATIVA SOCIAL
Data: 27 de xullo
Horario: de 09:30 a 11:00 horas
Modalidade: en liña
Programa formativo:
- Contratos reservados a CEE de iniciativa social
- Breve introdución aos procedementos de contratación mais frecuentemente utilizados (Contrato menor, Procedemento aberto simplificado ordinario e Procedemento aberto simplificado abreviado)
- Como darse de alta no Rexistro Xeral de contratistas da Xunta de Galicia
- Como buscar licitacións as que presentarse: A plataforma de Contratos públicos de Galicia (CPG)
- Como presentar unha oferta: o Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
- Como presentar unha factura: O Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF).
Intervencións:
- Elena Barba Pan. Secretaria da Xunta Consultiva de contratación administrativa da C.A. de Galicia
- Manuel Rodríguez Salgado. Analista programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA
- Manuel Otero Vieites. Analista programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA
Inscrición:
- Gratuíta
- A través desta ligazón.
Martes, 27 July, 2021 - 09:30 to 11:00