Talleres de emprendemento en economía social para persoas desempregadas

Acción contra el hambre organiza o seguinte ciclo virtual de talleres para persoas desempregadas dentro do seu programa "Somos o teu impulso. Economía con impacto social":
EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
Datas: do 19 ao 28 de abril
Horario: de 10:00 a 13:00 horas
Modalidade: en liña a través da plataforma Teams.
Obxectivo e destinatarios: proporcionar coñecementos e ferramentas útiles para persoas desempregadas que se plantexan un traballo por conta propia, xerando ideas de negocio e explicando cómo levalas á práctica.
Programa:
- 19 de abril - Define o produto ou servizo que queres vender. Proposta de valor e Plan de negocio
- 20 de abril - Competencias para emprender. Productividade persoal.
- 21 de abril - Modelos de negocio sostibles. Triple balance.
- 26 de abril - Taller sectorial: Turismo sostible
- 27 de abril - Taller sectorial: Como montar tendas físicas e tendas en liña
- 28 de abril - Fórmulas xurídicas de economía social. Principais trámites para a súa constitución.
Inscricións:
- Gratuíta a través desta ligazón.
- Máis información: www.accioncontraelhambre.org/es/vivesemprendecolectivo / 648 102 178
Martes, 19 April, 2022 - 10:00 to Xoves, 28 April, 2022 - 13:00