Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Desenvolver os seguintes programas:

Programas de recursos integrais de atención especializada: dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Plan Corresponsables: para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos e as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 20 de marzo de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:

  • SI427A - Programas de recursos integrais de atención especializada
  • SI436B - Plan Corresponsables

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Mércores, 20 March, 2024 - 23:45

Compartir