Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre a convocatoria das subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para as anualidades 2024 e 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

A realización de actividades de promoción visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego por parte das entidades colaboradoras da Rede Eusumo.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. As asociacións de entidades de economía social
  2. Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
  3. As cámaras de comercio
  4. As universidades
  5. As fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais

Cales son as actividades subvencionables?

Actividades xerais de promoción de economía social:

  1. Actividades de divulgación
  2. Actividades de asesoramento
  3. Actividades de formación

Actividades relativas aos sectores específicos da economía social:

Son subvencionables as actividades de carácter divulgativo, de asesoramento e formativo que estean dirixidas a fomentar o emprendemento nos seguintes sectores específicos da economía social: economía dos coidados; agroalimentación, produtos locais e alimentación sostible; economía circular e xestión de residuos; enerxías renovables e transición enerxética; industrias culturais; novas tecnoloxías; intelixencia artificial; transporte e mobilidade.

  1. Actividades de divulgación
  2. Xeración de novo coñecemento en economía social
  3. Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social
  4. Asesoramento e apoio a proxectos de economía social
  5. Difusión e visibilización da economía social

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 26 de febreiro de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o folleto

 

Luns, 26 February, 2024 - 23:45

Compartir