Sesión divulgativa "E ti, coñeces a fórmula?" | Porto do son

EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo.

Data: 28 de maio

Horario: De 10:00 a 12:30 

Modalidade: Presencial

Lugar: Casa da Cultura de Xuño, Carrapatal, Porto do Son

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crece-mento profesional.

Programas e contidos:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
  • A cooperativa dentro da economía social.
  • Os principios e valores cooperativos.
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.
Metodoloxía: 
A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.
Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
 
Dirixido a: 
Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.
 
Máis información: contacta a través de patane@espazo.coop ou do teléfono 697 87 77 73 
 
Descarga o programa
Mércores, 28 Maio, 2025 - 10:00 to 13:00

Compartir