Sesión divulgativa "E ti, coñeces a fórmula?" | Chantada

EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo.
Data: 21 de Marzo
Horario: de 11:00 a 14:00
Modalidade: Presencial
Lugar: Salón de actos, Daveiga SLL, Chantada (Lugo)
Obxectivos:
-
Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
-
Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
-
Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crece-mento profesional.
Programas e contidos:
-
Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
-
A cooperativa dentro da economía social.
-
Os principios e valores cooperativos.
-
Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
-
Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.
Metodoloxía:
A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.
Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
Dirixido a:
Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.
Inscricións a través do formulario.
Máis información: contacta a través de patane@espazo.coop ou do teléfono 697 87 77 73
Descarga o programa
Venres, 21 March, 2025 - 11:00 to 14:00