SESIÓNS DE COACHING EXECUTIVO PARA EMPRENDEDORES EN ECONOMÍA SOCIAL: FORTALECE A TÚA IDEA DE PROXECTO

Dentro do ámbito de colaboración da REDE EUSUMO no Pont-Up Store, o vindeiro 22 de setembro desenvolverase unha actividade de gran interese para os emprendores, co obxectivo de achegar máis valor ao seu proxecto.
Esta actividade contempla sesions individuais ou grupais con emprendedores, cunha duración aproximada de 30 minutos, onde explicarase qué pode aportar o coach de emprendemento ao teu proxecto empresarial concreto, en función das túas necesidades. Na sesión, que estará dirixida por Maximina Pereira, coaching executiva cunha ampla experiencia en asesoramento a proxectos empresariais, abordaranse as cuestións principais que haberá que ter en conta cando se inicia unha acción de emprendemento.
En breve poremos a vosa disposición, a dispoñibilidade horaria das sesión para que poidas efectuar a túa reserva.
O lugar de celebración desta actividade será no Vicerrectorado da Universidade, Casa das Campás, Rúa Filiberto 9-11, en Pontevedra.
Más información da PONT-UP STORE 2016 en www.pontupstore.com