Reforma laboral: Como afecta ao día a día dos CEEIS
Cegasal, a través da Rede Eusumo e dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", organiza este encontro:
REFORMA LABORAL: COMO AFECTA AO DÍA A DÍA DOS CEEIS
Data: 28 de xaneiro
Horario: de 09:30 a 11:00 horas
Modalidade: en liña
Destinatarios: Axentes da Economía social
Programa:
- OReal Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo introduce cambios relevantes na normativa laboral.
- O Estatuto dos Traballadores en aspectos relativos á contratación temporal e formativa, a negociación colectiva e a relación de prioridade aplicativa entre convenios colectivos, a subcontratación de actividades empresariais e as medidas temporais de flexibilidade interna de redución de xornada ou suspensión de contratos.
- A modificación doutra serie de normas para reforzar o obxectivo perseguido con esta reforma: a lei Xeral da Seguridade Social, a Lei sobre infraccións e sancións na Orde Social, a Lei reguladora da subcontratación no Sector da Construción, a Lei do Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral, Lei de Empresas de Traballo temporal e a Lei de Emprego.
Relator: Juan Acevedo, Avogado.
Inscrición:
- Gratuíta
- A través desta ligazón.
Para máis información: info@cegasal.com
Preme aquí para visualizar o programa completo.