Queres crear unha web? Comeza con WordPress! Formación blended learning

Título: Queres crear unha web? Comeza con WordPress!
Descrición: Este obradoiro, de carácter práctico, vai enfocado a que as persoas participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade de economía social e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación.
Duración: 16 horas blended learning (9 h de formación presenciais + 5 h de caso práctico + 2 h de titorías)
Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 5 e o 7 de marzo na aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís nº 7, A Coruña)
Datas: Do 5 ao 27 de marzo
Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 5 e o 7 de marzo en horario de 09.30 a 14.00 horas
A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 27 de febreiro
Actividade desenvolvida pola Rede Eusumo.