Proposta de premiados do Premios á Cooperación 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa finalidade de fomentar e difundir o cooperativismo na Comunidade Autónoma, así como para recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando neste sentido, considerou adecuado instituír con periodicidade anual os premios á cooperación.

Trala avaliación de solicitudes recibidas no prazo establecido na Orde e que remataba o 30 de abril de 2017, a Consellería fallou a seguinte proposta de premios:

  • Proposta de premio aos valores cooperativos: Dalle que dalle, Sociedade Cooperativa Galega
  • Proposta de premio ao mellor proxecto cooperativo novo: Terras da Mariña, Sociedade Cooperativa Galega
  • Proposta de premio á traxectoria cooperativa: Sociedade Cooperativa Galega de Educación Medioambiental CEM
Contra esta proposta poderanse presentar reclamacións mediante instancia dirixida á presidencia do tribunal, presentándoa na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no prazo de dez días hábiles a partir do 5 de xuño de 2017, data de publicación deste anuncio.
 
Para consultar a resolución completa prema aquí.
 
Luns, 5 June, 2017 - 16:45

Compartir