Programa Xuventude Mentoring na Empresa

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica as bases reguladoras do Programa Xuventude Mentoring na Empresa para as anualidades 2024 e 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

Reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • As entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego
  • Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos

Ningún concello ou entidade local poderá:

  • Presentar a solicitude de subvención no suposto de que a entidade local en que estea integrado ou da cal dependa a presentase
  • Figurar en máis dunha solicitude colectiva
  • Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual

Cales son os requisitos das persoas mozas participantes nos programas de estadías formativas?

  1. Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX
  2. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano
  3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Cales son os recursos humanos mínimos dos programas de estadías formativas?

  • Unha persoa responsable do programa, que o coordine e xestione durante toda a súa duración
  • Unha persoa que exerza a figura de titor/a encargado/a do seguimento da formación das persoas participantes nas estadías e que titorice, xunto coa persoa responsable de cada empresa, as estadías formativas

Cales son os gastos subvencionables?

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 9 de agosto e finaliza o 9 de setembro.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Luns, 9 September, 2024 - 00:00 to 23:45

Compartir