Programa Talento Cooperativo 2025

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Programa Talento Cooperativo 2025" no marco da Rede Eusumo.

Data: Do 18 de agosto ao 18 de setembro

Duración: 25 horas

Modalidade: Semipresencial

Lugar: Santiago de Compostela

Obxectivos

  • Dotar ás persoas candidatas dunha formación básica sobre as cooperativas.
  • Actuar como criterio no proceso de selección de persoas bolseiras.

Programa e contidos

  • Módulo1.- Formación Cooperativa Básica.
  • Módulo 2.- Habilidades Sociais e Organización Societaria en cooperativas.
  • Módulo 3.- A área comercial e de mercado e a área económico-financeira.
  • Módulo 4.- A planificación estratéxica.

Dirixido a
A persoas, preferiblemente mulleres, menores de 30 anos, cunha titulación e formación na área empresarial e que se atopen en situación de desemprego, interesadas en participar no proceso de selección de persoas bolseiras dentro do programa Talento Cooperativo.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: www.espazo.coop/es/

Descarga o programa

Luns, 18 August, 2025 - 09:15 to Xoves, 18 September, 2025 - 09:15

Compartir