PROGRAMA FORMATIVO BLENDED LEARNING DA REDE EUSUMO

A Rede Eusumo promove 4 módulos formativos gratuítos en formato blended – learning (formación mixta: en liña – presencial) relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.

Estos módulos permitirán aos asistentes percorrer catro escenarios crave no proceso de constitución e maduración dun proxecto empresarial cooperativo.

Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas) con formación en liña titorizada (16 horas) de forma individualizada.

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase o programa formativo blended learning da Rede Eusumo, un programa integrado por 4 módulos formativos gratuítos en formato blended – learning (formación mixta: en liña – presencial) relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas. E

Cada un dos catro módulos permitirán aos asistentes percorrer catro escenarios crave no proceso de constitución e maduración dun proxecto empresarial cooperativo:

· Módulo 1: Descubrindo a túa Creatividade: xerando ideas de negocio cooperativo (iniciarase o día 22 de xuño).

· Módulo 2: Desenvolvendo o teu proxecto cooperativo (iniciarase o día 25 de xuño).

· Módulo 3: O proceso da innovación na cooperativa. Da teoría á práctica (iniciarase o día 16 de xullo).

· Módulo 4: A internacionalización nas cooperativas: Saíndo aos mercados exteriores (iniciarase o día 9 de xullo).

Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas) con formación en liña titorizada (16 horas) de forma individualizada.

Este programa formativo vai dirixido a aquelas persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa e a cooperativas existentes que queren consolidar os seus proxectos empresariais.

Inscrición:

  • O programa formativo ten carácter gratuíto.
  • Podes inscribirche de forma individualizada a cada un dos módulos ou de forma conxunta a todo o programa formativo.
  • Prazas limitadas a 20 persoas por módulo.
  • Prazo de inscrición: día anterior ao comezo de cada módulo. Se queres inscribirche de forma conxunta a todo o programa formativo, prazo 21 de xuño.
  • Entregarase diploma de acreditación de participación.
  • Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop

Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
www.eusumo.coop
info@eusumo.coop

 

 

Compartir